Desarrollo e Innovación en Ponteareas

Este es un espacio creado para debatir, abiertamente, cuestiones referentes al desarollo regional y a las innovaciones tanto a nivel local como general, que se estén dando en nuestra realidad. El objetivo principal del blog es crear una comunidad virtual de debate que, mediante el intercambio de opiniones, ayude a impulsar nuevas ideas sobre los problemas a resolver en el marco local Ponteareano y de sus perspectivas de futuro.

Datos personales

Mi foto
Estudiante de la Universidad de Santiago de Compostela. Estudio un posgrado de integración económica y desarrollo regional

lunes, 3 de mayo de 2010

Ponteareas 2030

Cando observo a realidade do meu concello non me queda claro o que se quere facer no noso pobo dende o punto de vista urbanístico, paixasístico ou idiosincrásico. Entrando no mesmo vexo ó lado do letreiro que indica a chegada a Ponteareas un bonito cartel promovendo as nosas famosas festas do Corpus Christi e dando a benvida ós que arriban en tres idiomas: benvidos, bienvenidos ,¡ welcome!? Quedo abraiado por tal cartel que nunca antes eu vira, dando a benvida en inglés, o que significa dalgunha maneira que o pobo está progresando no ámbito turístico, aínda que logo no Castelo de Vilasobroso veas que a afluencia de xente é escasa ou mais ben nula, como puiden comprobar este sábado pasado, día do traballador. É incrible como un lugar tan bonito, patrimonial e cunhas vistas e cuns paseos tan fermosos non se vexa promovido da maneira correspondente para que a xente foránea ou local o disfrute. Non querendo determe nun punto en concreto, fago unha caracterización do conxunto do concello, observo a disposición dos edificios (que cada vez son máis), a invasión de vivendas unifamiliares das periferias, o deterioro do río Tea, a falla de instalacións deportivas, parques e paseos a través do verde que rodea o caótico casco urbán onde o ruído dos coches é enxordecedor e persisten o mal funcionamento do transporte público, os problemas de saneamento da auga derivados da construcción descontrolada en solares, etc; en resume, hai unha falta de armonía entre os diferentes elementos coma consecuencia directa de non ter en conta as externalidades que provoca a ausencia dunha planificación rigurosa á ora de ordear o territorio.

¿Que nos espera no futuro? Esta é, quizais, a pregunta que máis nos repetimos nestes tempos tan incertos, a par que modernos, e que nos teñen cada vez máis en vilo á espera dun cambio, radical ou progresivo, da maneira de facer as cousas. A señora providencia as veces é caprichosa e isto é algo que non se pode trocar, pero nas nosas mans temos a posibilidade de mellorar as cousas pensando no longo prazo e atendendo ós novos desafíos da nosa actualidade: a protección do medio rural, as novas tecnoloxías, os servicios públicos locais, a mellora do medio ambiente, etc.

Convértome por un momento nun “visionario” e fago unha viaxe cara o ano 2030. Alí estou eu, no medio da praza maior rodeado de grandes torres cadradas duns 80 metros cada unha, non cambia nada, seguimos na mesma, pero cun envoltorio diferente. Pode que o vexa de maneira pesimista, pero tras o “boom” urbanístico e o “boom” que algún sufriu na súas propias carnes polas consecuencias da burbulla inmobiliaria, seguimos sen aprender. Nas 24 parroquias dos arredores ponteareáns, se xa antes vivía pouca xente, neste momento apenas hai pequenos focos de poboación moito máis dispersos que anos atrás. A xente xa non vive en casas enxebres características do noso país, con pequenas hortas de autoconsumo, agora o fai en chalés adosados en solares cunhas parcelas de non máis de 200 metros cadrados cada unha, pensando que a vivenda unifamiliar pegada a outra vivenda unifamiliar é sinónimo de calidade de vida. Mentres tanto, no casco urbán, vese cómo as vivendas constrúense encima dos edificios xa construídos dando lugar a unha idea imaxinada por algún paisano erudito.

Seguro que moitos que se meten a promotor quixeron emular a Fritz Lang na súa película “metrópolis”. Con ela este director converteuse nun auténtico visionario ó predecir, no ano 1927, a cidade modelo do século XXI, facendo unha metáfora da división de clases de Karl Marx, onde os obreiros traballaban baixo terra para manter o nivel de vida dos grandes propietarios que viven na superficie. Polo de agora estou tranquilo, non creo que ningún gran propietario de Ponteareas vira a película.

6 comentarios:

Adycto dijo...

Non te fíes, seguro que algún propietario veu a película e está a pensar en facer algo similar. Gustoume moito a intención do artigo, é realmente interesante e creo que todos, cidadán e políticos, deberiamos facer este tipo de análise. Tratar de ver como serán as cousas en vinte anos e como podemos facer para que sexan mellores.

Anónimo dijo...

Moi interesante o intento de imaxinar Ponteareas dentro de 30 anos!, pero ao final parece que non concretas a intención. De que vai a vivir a xente local, os xóvenes, cales van ser os trazos xerais da súa economía, demografía, urbanismo, ...; pódese penser nun plan estratéxico de desenvolvemento sostible para Ponteareas; como? conformando unha vila satélite e residencial dependente de Vigo? Cales son os valores da cultura, economía, paisaxe, sociededade, de Ponteareas? coñeces algún caso de municipio similar en España ou en Portugal que puidese servir de modelo? E a innovación é posible en Ponteareas? onde e para que? como? con quen? a sociedade civil está organizada? é crítica e emprendedora? ou máis ben é pasiva e anónima? Parabéns polo blog, moi interesante

Carlos Ferrás

Unknown dijo...

Paréceme moi boa a analoxía de Ponteareas con Metrópolis. Outro parecido mais e o de que Pepe Castro construiu o seu "Jardin de los Hijos" en Cristiñade para que estes non viran a desfeita de pobo que deseñou o seu pai.

Adycto dijo...

medo me da como será Ponteareas no 2030...e mais como estará Galiza!!

Compañero dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

fetén