Desarrollo e Innovación en Ponteareas

Este es un espacio creado para debatir, abiertamente, cuestiones referentes al desarollo regional y a las innovaciones tanto a nivel local como general, que se estén dando en nuestra realidad. El objetivo principal del blog es crear una comunidad virtual de debate que, mediante el intercambio de opiniones, ayude a impulsar nuevas ideas sobre los problemas a resolver en el marco local Ponteareano y de sus perspectivas de futuro.

Datos personales

Mi foto
Estudiante de la Universidad de Santiago de Compostela. Estudio un posgrado de integración económica y desarrollo regional

martes, 1 de junio de 2010

AS COMUNIDADES DE MONTES EN PONTEAREAS

A incidencia socioeconómica e cultural dos Montes Veciñais en Man Común (MVMC) no noso concello é, en liñas xerais, bastante escasa vendo o potencial rendemento que se lle podería sacar a este tipo de asociacións xa non só dentro do marco de políticas forestais e de desenvolvemento rural (prevención de incendios, protección medioambiental, aporte a agrícola), senón tamén a nivel do desenvolvemento local, no sentido de lles transferir certas competencias que ordinariamente levaría a cabo o concello: investimentos en obras (infraestruturas para recursos hídricos, viarias, iluminación, culturais, etc.) e equipamentos comunitarios (saneamento, edificacións deportivas para os veciños, etc.). Por outra banda, un maior apoio a este tipo de asociacións fomentaría a creación de empregos relacionados co ámbito rural (agrícola-gandeiro-forestal) dando impulso o desenvolvemento dos territorios veciñais.
Ponteareas conta con 25 comunidades de montes, tantas como parroquias, agás o caso da parroquia de Guláns que conta con dúas. A superficie de MVMC en Ponteareas representa o 33,5% do territorio do concello (12.395 has.) –moi por enriba do 25% que representa no ámbito galego- e o 57% da superficie de monte existente na localidade (7.475,25 has.) –tamén moi por enriba do 33% que representa en Galiza.
Estes datos dannos unha idea clara da importancia dos MVMC dado a cantidade de territorio que ocupan. Por iso sería innovador que cada comunidade desempeñase unha labor máis relevante en canto a planificación do seu propio territorio coa cal puidera encargarse de xestións que, tradicionalmente, ven desempeñando o concello de maneira concertada coas comunidades. Desafortunadamente os aproveitamentos e rendementos do monte no noso concello son maioritariamente de carácter forestal, destacando unha minoría de comunidades que complementan ese aproveitamento con arrendamentos para tres fins: canteiras, industrias e antenas de telefonía móbil. Non existe polo tanto uso gandeiro ou agrario en ningunha das 25 comunidades de montes.
Dada a importancia do desenvolvemento das zonas rurais, e dada a importancia do monte tanto a nivel autonómico, coma neste caso en Ponteareas, deberíanse aplicar estratexias comunais (como as mancomunidades) que favorezan a participación dos diferentes axentes involucrados, promovendo a cohesión das distintas asociacións en prol de conseguir un maior peso político. Deberíase ter en conta, polo tanto, a gran relevancia que vai collendo o desenvolvemento rural en toda Europa e o apoio e as subvencións que poderiamos adquirir se non fora polo problema endémico de Galicia dos “múltiples pequenos propietarios”, reticentes na súa maioría a fusionarse ou a colectivizar algún recurso, ademais do “bloqueo” das administracións competentes, as cales dan maior preocupación as actividades industrias que a promover un enfoque multifuncional do uso do espazo rural (protección medioambiental, usos recreativos do monte, promoción do patrimonio cultural, etc.).
Polo tanto, creo que sería unha boa alternativa que dalgunha maneira se apoderase ós MVMC en beneficio do desenvolvemento local seguindo o camiño das estratexias multifuncionais integradas que promovan a sostibilidade, traballando de maneira conxunta para o desenvolvemento eficiente das zonas rurais, dado que en Ponteareas son unha materia pendente.